José Luis Mascareñas e Lara Villarino lideran o novo proxecto do EIC desde CiQUS
Con máis de 400 propostas presentadas desde 39 países, a última convocatoria EIC Transition do Consello Europeo de Innovación foi a máis concorrida ata hoxe. E entre as 40 propostas finalmente seleccionadas atópase MEDiCS, un proxecto liderado polo profesor José Luis Mascareñas que se centrará no desenvolvemento clínico dun novo axente anticancro. O CiQUS suma así o seu segundo proxecto deste tipo e sitúa a Universidade de Santiago de Compostela como a única española, xunto a Universidade Pompeu Fabra, que foi beneficiaria dúas veces deste programa. O consorcio liderado desde o CiQUS obtivo 2,5 millóns de euros para desenvolver a súa proposta durante os próximos tres anos.
MEDiCS é o acrónimo de Anticancer approach based on the Metabolic Disruption of Cancer Stem Cells, un proxecto que pivota sobre o potencial preclínico que demostrou unha familia de complexos metálicos baseados en rutenio para combater certos tumores. O seu obxectivo agora é avanzar na madurez da tecnoloxía completando a fase preclínica, necesaria antes de comezar os ensaios clínicos en humanos.
O proxecto buscará mellorar o comportamento deste novidoso composto na etapa preclínica fronte a dous tipos de cancro particularmente desafiantes: o de páncreas, pola súa elevada prevalencia, e o de colon, pola súa alta letalidade, ambos cun enorme impacto na sociedade.
O profesor Mascareñas e Bruno Sainz, xunto aos seus respectivos equipos no CiQUS e no Instituto de Investigacións Biomédicas Sols-Morreale (CSIC-UAM), recibiron no pasado o apoio de Ignicia (Xunta de Galicia) e da Fundación La Caixa para estudar o comportamento deste tipo de axentes anticancro. Alentados por resultados prometedores, decidiron postular a un proxecto do EIC, a pesar de que estas convocatorias son extremadamente competitivas e teñen unha taxa de éxito inferior ao 10%. A selección dos proxectos lévase a cabo en dúas fases: unha preselección baseada na calidade da proposta e, posteriormente, unha esixente entrevista a modo de exame ante un panel avaliador multidisciplinar, formado por seis expertos internacionais.
El 28 de junio es la fecha señalada para que los Peregrinos de Marte emprendan…
La Red TBS-Stop Epidemias, de la que forma parte Asomega, ha vuelto a reconocer la…
En su su 13ª Jornada de Actualización, la Red contra la Tuberculosis y por la…
Alberto Fernández Villar, de Academia Asomega, se convierte en el primer profesor titular de Ingeniería…
El presidente de Asomega, Julio Ancochea, responsable de la Cátedra UAM-Linde, lidera este estudio como…
De nuevo con el respaldo de Grupo Menarini, ofrece una bolsa de 6.000€ para proyectos…