El estradense Xosé Luna es profesor, escritor y activista cultural. Ha publicado las obras narrativas "As cometas da vida" (Ed. Fervenza, 1999), con la que consiguió el Premio Roberto Blanco Torres, y "O Ano das mimosas" (Ed. Fervenza, 2000). A ello se suman los ensayos "A Estrada románica" y "Onde o sol facheaba o amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares Núñez". En cuanto a la lírica, con "Memorias do Cairo" (Ed. Fervenza, 2004) obtuvo el premio "Avelina Valladares" y sus obras más recientes son "Camiñando, camiñando..." (Ed. Bolanda SL, 2021) y "A mar, amar" (Ed Bolanda, 2022).
Recientemente impartió en Madrid una conferencia sobre la figura que este año ha centrado la celebración del Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego. Posteriormente publicó en El Faro de Vigo un artículo glosando la figura del presidente de Asomega, Julio Ancochea, disponible en este enlace (se abre en grande en ventana nueva). A raíz de ello, el Concello de A Pobra de Trives decidió contar con su participación en el acto en el que el neumólogo trivés fue nombrado Hijo Predilecto de la localidad. Por su interés, intensidad y calidad literaria, reproducimos íntegramente el discurso que pronunció Xosé Luna.
Julio Ancochea: poema de amor e vida
Leva a súa Terra polo Uni(verso) enteiro na lapela do Corazón. Sempre reivindica (léase, presume) que é da Pobra de Trives. E as súas veciñas e veciños, todos alfúfaros, véñenno de recoñecer polos seus méritos profesionais e humanos co título honorífico de Fillo Predilecto da súa vila.
Dos seu pais herdou os maiores tesouros do mundo, a bondade e a xenerosidade. Do seu avó e do seu tío, médicos rurais, aprendeu que o paciente é unha persoa non unha enfermidade. Mirarlle os ollos, tomarlle a man e sobre todo escoitar ten un efecto terapeútico imprescindible. Dos Maristas de Ourense aprehendeu a cultura do esforzo, a gozar de cada momento, e algo básico no seu día a día, traballar en equipo.
Fíxose neumólogo polo seu espírito poético. Porque cre que o aire posúe unha auréola poética. E leva razón, cada varios segundos, cando inspiramos, o aire chega aos alvéolos e o osíxeno pasa da vía aérea aos capilares sanguíneos a través dun misterioso espazo denominado intersticio pulmonar. Velaí o milagre da respiración. En palabras de Anaxímenes, así como a nosa alma, que é aire, mantennos xuntos, o alento, o aire envolve todo o mundo.
Xefe do servicio de neumoloxía do Hospital Universitario da Princesa de Madrid. Profesor titular da UAM. Fundador do Separ solidario que puxo en marcha unha morea de proxectos para que os máis desprotexidos do mundo non morran por afeccións respiratorias. Director de varias cátedras como UAM-Respira Vida. Fundador da RED -TBS, onde ten editado xunto a Mario Braier, Memorias de la covid -19, relatos de la fase 1.
Traballos que conxuga coa presidencia da Asociación de Médicas e Médicos Galegos, Asomega. Un infindo labor no que conflúe o amor a Galicia e á medicina. O noso doutor é o abandeirado dunha medicina máis humana, máis humanizada e humanista.
A medicina -Ancochea, dixit- é ciencia, arte, valores pero tamén é sentimento, afectos. Sen afectos, como diría o seu amigo e paciente Ángel Gabilondo, non hai conceptos. Falar con alguén é quererlle.
As súas palabras caen sobre nós engordiñas e póusanse no epicentro do corazón. Repite sempre que a excelencia en medicina non existe, só é o obxectivo a lograr. E fálanos de vocación, compromiso, militancia, rigor científico, ética e estética ao servicio da humanidade. Reitera que a intelixencia artificial non ten sentimentos, os médicos si. Constata que o tabaquismo é un drama e tal vez a gran epidemia do pasado século, un gran negocio e unha gran mentira. Acredita que un país que non inviste en investigación non ten futuro. E lanza unha mensaxe ao mar das nosas emocións, respiren soños, paixón, futuro, esperanza, solidariedade… Respiren vida.
É ademais un apaixonado letraferido. Rosalía, Celso Emilio Ferreiro, Curros, Neruda, Miguel Hernández, Mario Benedetti, ao que tratou no servicio de neumoloxía, e do que recita de memoria eses versos de re(existencia), “No te rindas, por favor no cedas//aunque el frío queme//aunque el miedo muerda,//aunque el sol se esconda y se calle el viento,//”.
Se tivese que escoller un verso deses que chegan a alma tal vez sería, “Hoy es siempre todavía, toda la vida es ahora” de Antonio Machado. Se houbese que elixir un poemario, non o dubidaría, botaría man desa alfaia que leva por título Poemas del aire, recompilación dunha vintena de poemas de Alberti, Cernuda, Aleixandre, Vicente Araguas, Baldo Ramos...
O seu amigo e paciente Antonio Hernández dedícoulle Nueva york después de muerto. E a súa amiga, a poeta Francisca Aguirre fíxolle todo un galano, tal vez os versos que mellor definen ao noso galeno. “Somos sólo el susurro de la brisa auroral,//el latido vibrante de la música aérea,//el roce milagroso del beso del oxígeno// que como la alegría, sólo sabe brillar...”
En definitiva, o doutor Julio Ancochea é unha auténtica eminencia. Toda unha referencia no eido da medicina e no ámbito humano. Sen dúbida, un dos bos e xenerosos. Todo un poema de amor e vida.
Xosé Luna